::: APRENDE GALEGO :::

Cursos presenciais

Cursos en liña

Recursos para a autoaprendizaxe

Descargas

Xogos de lingua

Convidámosvos a aprender a nosa lingua, desde a Universidade de Vigo apóstase pola plena integración de todos os seus membros en todos os ámbitos que esta abrangue. Deste modo ofreceremos aquí información sobre cursos presenciais de lingua galega aos que poden asistir, cursos realizados en liña ou ben recursos para a autoaprendizaxe.

Desde a Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo tratamos de ofrecer produtos que enchan baleiros neste sentido, deste xeito ofrécense cursos presenciais ou tutelados dúas veces por ano, cursos que van desde o nivel máis elemental ata niveis avanzados de lingua; tamén se trata de ofrecer recursos de utilidade, tanto en publicacións impresas, como coa publicación de recursos en liña -como a páxina web da Área de Normalización Lingüística, onde se ofrecen ligazóns interesantes; ou a páxina do galego en liña, onde se ofrecen diversos aspectos elementais para unha iniciación na lingua galega.

 

::inicio::
::presentación::
::lingua::
:::historia:::
::guía::
::correo-e::
©Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo
:: CRÉDITOS ::