|
|
|
::: HISTORIA ::: |
|
|
A cultura megalítica |
A CULTURA MEGALÍTICA Malia que as primeiras pegadas en Galicia se atopan nos restos arqueolóxicos das Gándaras de Budiño (O Porriño), a primeira grande manifestación cultural definitoria en Galicia é a dos monumentos megalíticos. Ata máis de tres mil destas construcións (principalmente dolmens e mámoas) pódense atopar espalladas polo territorio galego. Tiñan unha finalidade relixiosa de culto aos mortos ou de enterramento. Estes restos non só son importantes pola súa valía arqueolóxica, senón tamén como elemento conformador da identidade de Galicia. Tamén representan un feito singular os petroglifos como manifestación de arte prehistórica. Estes elementos parecen estenderse nunha tradición que mesmo chega ata a Idade Media. No caso do castro Santa Tegra, atópanse estes gravados en pedra tanto no momento do castro como en sedimentos anteriores. Moitos destes petroglifos fan referencia as actividades cotiás como escenas de caza nas que se representan ritos para favorecer esta actividade; outros representan labirintos ou espirais que se poden interpretar con símbolos astrolóxicos ou como mapas de localización de fontes, lugares de caza, etc. |
©Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo :: CRÉDITOS :: | |||||