::: HISTORIA :::

A cultura megalítica

A etapa castrexa

A romanización

A chegada dos suevos

O Islam e a Idade Media

A Idade Moderna

O século XIX

O século XX

A actualidade

<< >>

A ROMANIZACIÓN

Durante o século I a.C. sucedéronse varias incursións romanas por Galicia, pero non foi ata o ano 60 a.C. cando Xulio César decidiu conquistar Galicia por fins principalmente económicos (ouro e outros metais). Co tempo convertérona en provincia do Imperio e déronlle o nome de Gallaecia. Debido ao carácter indómito e guerreiro de galaicos, ástures e cántabros, Roma non someteu totalmente estas terras do norte ata que, en época de Octavio Augusto, se puxo fin á resistencia asediándoos no Monte Medulio (22 A.C.). Aquí, sen comida nin auga, as tribos aguantaron ata a morte sen render as armas.

A partir dese momento comeza a lenta romanización de Gallaecia (a actual Galicia, parte de Asturias, parte de León e o norte de Portugal), que duraría catro séculos. Os romanos valoraban, en primeiro lugar, a minaría da zona, sobre todo polas súas cuantiosas reservas de ouro. A cambio proporcionaron ás xentes de Galicia o modus vivendi romano e os seus coñecementos e lexislacións, incluíndo, xa na época tardía, a expansión do cristianismo fronte á relixión romana e aos cultos indíxenas, xa que os primeiros cristiáns eran soldados da "Legio VII Gémina" asentada na actual León. Ademais non podemos esquecer a lingua, o latín, que serviu de xermolo para o nacemento de cinco das seis linguas actuais da península ibérica: o galego, o castelán, o portugués e o catalán, nos séculos VIII e IX. Tamén deixaron moitas mostras de enxeñaría civil e militar como a muralla de Lugo e a torre de Hércules na Coruña.

::inicio::
::presentación::
::lingua::
:::aprende galego:::
::guía::
::correo-e::
©Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo
:: CRÉDITOS ::